Thursday 16 de May de 2024

O Concello propoñerá o nome de Josefa Crespo Veiga para o centro social de Cortiñán


· O goberno local levará mañá a pleno esta proposta, que dá continuidade ao proxecto ‘Bergondo en feminino’.

· Ata o de agora, foron oito os espazos aos que se bautizou co nome de mulleres relevantes do municipio.

· Josefa Crespo Veiga, ‘Fina a costureira’, é recoñecida polo seu oficio de costurera, tradicionalmente feminizado e que contou con pouca visibilidade.

O goberno local de Bergondo propoñerá mañá, xoves 28 de setembro, en pleno o nomeamento do centro social de Cortiñán como Josefa Crespo Veiga, ‘Fina a costureira’. Unha iniciativa que dá continuidade ao proxecto ‘Bergondo en feminino’, impulsado pola concellería de Servizos Sociais.

Así, a proposta pretende que esta instalación municipal pase a chamarse Centro Social de Cortiñán Josefa Crespo Veiga ‘Fina a Costureira’, unha muller recoñecida por ter un oficio tradicionalmente vinculado coas mulleres e que contou con pouca visibilidade na sociedade: o de costurera.

“Bergondo en feminino debe visibilizar a súa historia por ter desenvolvido e ensinado un oficio valioso e tradicionalmente feminizado, e pola súa capacidade para xerar comunidade e alegría ao seu redor”, explica a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez.

O proceso de investigación iniciado dentro do programa ‘Bergondo en feminino’, que comezou a súa andaina no ano 2019, xa permitiu bautizar oito instalacións municipais co nome de mulleres bergondesas relevantes:

• Centro Social de Fiobre, Filomena Dato Muruais.
• Centro Social de Guísamo, Ma das Dores Miramontes Matogueiras.
• Casa dá Mocidade Jacinta Landa Vaz.
• Centro Social de Lubre, María Fernández Sánchez “Maruxa do Chelo”.
• Salón de actos dá Casa dá Cultura, Mercedes Núñez Targa.
• Centro Social de Vixoi, Luísa Viqueira Landa.
• Centro Social de Santa Marta de Babío, Xabiela Fraga Sánchez.
• Centro Social de Ouces, Antonia Pato Pardo.